lunes, 8 de septiembre de 2014

IMPORTANTE: Miércoles 10

Circular enviada a través de Educamos:

Benqueridos país e nais:

Como todos sabedes pola circular que se mandou á casa, as 
clases de EI e EP comezan este mércores 10 de setembro en 
horario normal de 9,00 a 14,00.

Ese mesmo día A Coruña é final dunha etapa da Volta Ciclista a 
España, e o palco e os postos de control estarán instalados no 
Paseo Marítimo diante do noso colexio.

Dende o Concello informáronnos que esa zona do Paseo Marítimo 
estará cortado dende as 9,30 ata as 21,00 dese día. Tede en conta 
este problema para traer aos nenos os que veñades en coche.

A entrada seguirá sendo polo portalón do colexio pero a saída será 
pola portería (Rúa Hospital) para evitar coincidir co dispositivo que 
estará montado no Paseo.

Aconsellámosvos evitar traer o coche na medida do posible.
Un cordial saúdo,
Dirección

No hay comentarios:

Publicar un comentario