miércoles, 27 de mayo de 2015

FIESTA DE LA FAMILIA 2015

Benqueridas Familias:
Poñémonos en contacto con vós para informaros que o vindeiro 29 de maio (venres), a partir das 15.30 horas, celebraremos todos xuntos a FESTA DA FAMILIA.
As distintas actividades que organizamos para este dia son as seguintes:
15.30 – 17.30
No patio: Hinchabéis, xogos populares, obradoiro de maquillaxe, Photocall, obradoiro de pulseiras, obradoiro de Jummping Clay e rincón de baile.
No pavillón (SÓ Educación.Infantil): Hinchabeis e xogos.

17.30 – 18.30 Clausura das actividades extraescolares
A orde da actuación é a seguinte:
  • Fútbol e Baloncesto
  • Patinaxe
  • Guitarra
  • Ximnasia rítmica (EI+EP)
  • Baile Moderno
  • Judo+prejudo
  • Zumba

Para facilitar a organización e mellor desenvolvemento deste momento, precisamos que teñades en conta as seguintes indicacións:
  1. Os/as nenos/nenas que participan nas distintas actividades deberán estar ás 17.00 na porta do pavillón. Alí indicáranlles onde teñen que dirixirse para mudarse.
  2. Cada actividade ten asignado un espazo concreto (haberá indicacións), para deixar as cousas e cambiarse.
  3. Os país/nais/titores poderán acompañalos para axudarlles a cambiar, pero unha vez estean vestidos, deberán dirixirse ás gradas do pavillón.
  4. Unha vez rematada a actuación, irán cos monitores a cambiarse (só monitores) e situáranse cos monitores nun espazo determinado da pista, ata o remate das exhibicións. Unha vez rematadas as exhibicións os país/nais/tirores poderán recollelos

CONCURSO DE POSTRES; tedes que facer a inscripción antes do mércores 27 de maio. Os tres postres mais votados serán premiados, cada un cun libro e dúas entradas de adulto (nenos ata 12 anos gratis) para a Carreira que terá lugar o vindeiro 20 de Xuño no Autocross de Arteixo, Campeonato de Galicia de Autocross. A recepción de postres farase de 15:30h a 16:00h o día 29 de maio, no comedor do colexio.


18.30 – 19.30 Festa da espuma

19.30 . Entrega de premios, fin de festa e velada musical

Adxuntamos formulario para que participedes con nós nas diferentes actividades que vamos a facer.
Agardamos que todo sexa do voso agrado e que pasemos xuntos unha tarde estupenda!!
Un saúdo.


BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN CONCURSO DE POSTRES
Nome do pai/nai……………………………………………………………………………
Nome do Alumn@: ……………………………………………………………………..
Teléfono: …………………………………………………………………………………..
e-mail: …………………………………………………………………………………………

COLABORADORES NA FESTA DA FAMILIA
Nome do pai/nai…………………………………………………………………………………
Nome do Alumn@: ……………………………………………………………………………..
Teléfono: …………………………………………………………………………………………..
e- mail: ………………………………………………………………………………………………


DESEXO COLABORAR NA FIESTA DA FAMILIA EN:
  • Obradoiro de maquillaxe
  • Obradoiro de pulseiras
  • Rincón de baile
  • Photocall
  • Juegos populares ( Rayuela,comba,bolos,...)


Sinatura:





No hay comentarios:

Publicar un comentario