jueves, 5 de junio de 2014

NOVEDADES AYUDA PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

Desde la DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS Y RECURSOS HUMANOS de la Xunta nos informan acerca de las novedades sobre la ayuda de libros de texto. 
 
----- Mensaxe de Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos <
  Data: Mon, 02 Jun 2014 11:32:40 +0200
    De: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos <dxcrrhh@edu.xunta.es>
Asunto: Axudas libros de texto 2014-2015

PRINCIPAIS NOVIDADES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A
ADQUISICIóN DE LIBROS DE TEXTO  CURSO ESCOLAR 2014-2015


        Sr./a. director/a do centro:

No Diario Oficial de Galicia do 30 de maio de 2014 sae publicada a Orde do 28 de maio de 2014 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014-2015.

Coa finalidade de que os centros poidan levar a cabo o labor de información e asesoramento ás persoas interesadas para cubrir as solicitudes de xeito correcto e para que acheguen a documentación requirida na orde, esta dirección xeral infórmalle das novidades destacables na convocatoria:

1. A finalidade das axudas é a adquisición_EXCLUSIVAMENTE DE LIBROS DE TEXTO_(non se pode adquirir con cargo ao vale material didáctico nin complementario)Non obstante, o alumnado matriculado en educación especial, así como aquel que teña recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 65% poderá adquirir os libros, material didáctico e complementario que o centro docente determine en cada caso.
 
2.  O alumnado ten a obriga de CONSERVAR EN BO ESTADO OS LIBROS DE TEXTO adquiridos na súa integridade con cargo ao importe das axudas,así como INCORPORALOS, ao rematar o curso escolar 2014/2015 (xuño ou setembro, segundo o caso), A UN FONDO   SOLIDARIO que se constituirá no centro (banco de libros).

Exclúese desta obriga ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria, así como o de educación especial e aquel cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, nos casos en que o material adquirido con cargo á axuda non poida ser reutilizado.

O director xeral de Centros e Recursos Humanos
José Manuel Pinal Rodríguez


Para más información, adjuntamos enlace:  http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria

No hay comentarios:

Publicar un comentario